Lembran á Xunta a "importancia capital" da realización dos proxectos dos peiraos de Raxó e Covelo
Por Redacción
Na reunión celebrada este xoves da comisión de seguimento dos peiraos de Raxó e Covelo, o goberno local do Concello de Poio e as asociacións e colectivos presentes fixeron unha valoración do estado de execución do proxecto de mellora destas zonas portuarias, que acumula xa unha década de demora desde a sinatura do convenio entre Portos de Galicia e o Concello de Poio no ano 2009.
Segundo informou a concelleira de Participación Veciñal e Transparencia, Silvia Díaz os membros da comisión coinciden na "importancia capital" que a realización deste proxecto ten para o desenvolvemento socio económico destas dúas zonas portuarias, que viría a impulsar e dinamizar dous entornos que, ademais da actividade pesqueira, teñen un grande interese turístico e de lecer para a propia veciñanza do municipio.
O concello de Poio xa ten solicitada con data 24 de xullo unha entrevista coa nova presidenta do ente autonómico, Susana Lenguas Gil.
Ademais, a comisión acordou remitir a Portos de Galicia unha comunicación trasladándolle á presidenta a necesidade de priorizar a execución da mellora das zonas portuarias de Raxó e Covelo.
Acordouse tamén agardar un prazo de tempo para recibir resposta desde Portos de Galicia, e realizar unha nova convocatoria da comisión nos primeiros días de outubro para valorar os seguintes pasos a dar.
Relacionadas:
-
Reclaman a Portos de Galicia que cumpla os seus compromisos con Covelo e Raxó
Por Redacción |
-
O Concello convoca á comisión de seguemento dos peiraos de Raxó e Covelo tras a reunión con Portos
Por Redacción |
-
Portos de Galicia buscará "fórmulas" para mellorar os peiraos de Raxó e Covelo
Por Redacción |
-
Poio convoca á comisión de seguimento dos peiraos de Raxó e Covelo
Por Oskar Viéitez |