Remata a campaña de fumigacións e desratización nas cinco parroquias de Poio
Por Redacción
A Concellería de Medio Ambiente esta a realizar diferentes campañas habituais de desratización e fumigacións que realiza a empresa Plagal no Concello de Poio de forma preventiva nos últimos anos.
Este plan de actuación conleva unha inspección periódica do sistema de sumidoiros (fecais e pluviais), zonas de xestión de residuos, escolleras, areais e zonas de vexetación.
Realizada a inspección se levan a cabo diferentes tratamentos preventivos de reforzo nas diferentes zonas mediante a colocación de puntos de control rodenticida, que a su vez servirán de puntos de monitoreo para a futura evaluación de presencia de vetores na zona.
Polo tanto estas campañas de desratización se realizaran con tratamentos continuados e permanentes durante todo o ano, que se verán reforzadas por tres tratamentos intensivos que se levaran a cabo durante os períodos de primavera, verán e outono, co o obxetivo de contrarrestar a capacidade reproductiva dos roedores.
Tamén dende a concellería de Medio Ambiente se están a facer seguimentos exhaustivos en todas as praias de Poio a fin de evitar calquera praga propia de esta época. Da mesma maneira se están facendo controis rutinarios en todos os parques infantís do concello co fin de poder evitar a aparición de insectos propios de esta época estival debido ás altas temperaturas.
O concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Luis Martínez Blanco insta a veciñanza a colaborar co concello alertando si se detecta algunha praga, os pasos a seguir son os seguintes; chamar o teléfono de información do concello (986 77 00 01) ou ben notificalo mediante a aplicación “Línea Verde” ou chamando a Protección Civil de Poio (986 77 10 20).