O Concello acepta cofinanciar as liñas de autobús de Montecelo, Monte Porreiro, Alba e Lérez
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de Mobilidade, César Mosquera desvelou máis detalles sobre o achegamento de posturas entre Concello de Pontevedra e Xunta de Galicia para deseñar o futuro transporte público da cidade.
Entre outras novidades o Concello acepta cofinanciar as liñas "urbanas" de Monte Porreiro e Montecelo, e mesmo a de Alba e Lérez. A Xunta sería a encargada da xestión. O Concello sería o responsable de atender a súa proposta de "transporte a demanda" para as parroquias, baseado en taxis e pequenos vehículos, e que poderá entrar no plan da Xunta.
Mosquera tamén informou en rolda de prensa que a Consellería desiste do inicial plan de Áreas metropolitanas de Transporte para pasar a un plan denominado Transporte de Galicia, que integra a todos os territorios.
Outra novidade é a creación das denominadas "liñas de interese municipal", que son aquelas que sen ser urbanas afectan especialmente o municipio e que se abren ao deseño dalgunha nova.
Finalmente César Mosquera celebrou que a relación entre ambas as institucións se desenvolva agora "en termos de racionalidade" e destacou o interese nas dúas partes para chegar a un acordo debido a que xa hai "unha base sólida" para logralo.
Relacionadas:
-
A empresa do enxeñeiro Fernando Nebot encargarase do estudo técnico do transporte a demanda
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
VÍDEO.- Monte Porreiro di adeus ás malas herbas
Por Almu Dapena |
-
A Xunta e o Concello desbloquean relacións sobre o transporte público e acordan impulsar un convenio para coordinar as competencias
Por Redacción |