O PP solicita unha "solución urxente" para crear novas prazas de aparcamento en Combarro
Por Oskar Viéitez
O concelleiro do Partido Popular, Tucho Muíños, solicítalle ao gobernno local do Concello de Poio unha "solución urxente" para a escaseza de prazas de aparcamento que existe en Combarro.
"Solicitámoslle novas prazas de aparcamento aos 3 Alcaldes", dixo o edil do PP en referencia ao goberno tripartito.
O grupo municipal do PP fai esta reclamación "xa non para atraer novos turistas senón para atender en boas condicións aos que xa veñen" e tamén para "facerlle o día a día máis cómodo á veciñanza desta parroquia" xa que "están a sufrir un auténtico calvario".
Tucho Muíños asegura que hai veciños que "teñen que camiñar máis de 1 quilómetro das súas casas e outros xa non van a casa a comer ao mediodía porque non teñen onde estacionar".
O PP lembra que no seu programa levaban a proposta de construción de novas prazas de aparcamento en Combarro.
Ademáis, os populares tamén solicitan a presencia de Policía Local para regular a baixada á Praza da Chousa xa que entenden que melloraría a fluidez do tráfico.