Rafa Domínguez reúnese cos afectados polas expropiacións do "Gran Montecelo"
Por Redacción
O portavoz do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, mantivo unha reunión este xoves cos afectados polas expropiacións do "Gran Montecelo".
Na cita, os veciños fixeron chegar as súas queixas e as súas suxerencias a Domínguez, quen se comprometeu a manter unha vía de comunicación continua coa veciñanza.
O edil popular amosou a súa intención de trasladar as demandas veciñais á Xunta de Galicia.
A reunión emprázase dentro da habitual rolda de contactos que mantén Rafa Domínguez coas diferentes asociacións e colectivos de Pontevedra.