Máis de 1.500 persoas acudirán á xornada de convivencia de XantaCaldelas
Por Redacción
A terceira edición da xornada de convivencia entre a veciñanza e a emigración XantaCaldelas baterá totalmente os rexistros das dúas anteriores. Se o primeiro ano xuntou 600 persoas e o segundo logrou reunir 1.000, nesta terceira cita terá 1.568 asistentes.
A xornada de convivencia está prevista para o próximo domingo 11 de agosto ás 14.00 horas na Alameda de Ponte Caldelas e, con esta cifra de inscritos, supón un "éxito de participación".
Así o destacou o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, que ten claro que este éxito logrouse "grazas a veciñanza activa e participativa" do municipio. Están realizando moitas inscricións por grupos, algúns deles familiares e outros por lugares de procedencia.
O xantar, que terá un prezo de 10 euros por persoa, terá un menú a base de empanada e embutidos ibéricos, polbo á galega, carne ao caldeiro e tarta de chocolate, con bebidas e café incluídos.
A empresa de catering encargada de servir a comida preparará 850 quilos de polbo, 700 quilos de carne ao caldeiro, 25 sacos de patacas, 180 empanadas e 400 quilos de pan.
O evento busca facilitar que os emigrantes que retornan para o seu descanso en Ponte Caldelas atopen con facilidade aos veciños ou amigos da terra. Ponte Caldelas é un municipio con fortes vínculos cos países tradicionais da emigración galega, e moi especialmente con Brasil ou México, pero tamén con nacións europeas como Suíza.
Relacionadas:
-
1.570 persoas presumen de festa no terceiro XantaCaldelas
Por Redacción |
-
XantaCaldelas trasládase a Chan da Barcia ante a ameaza de choiva
Por Redacción |
-
A choiva tampouco quixo perderse a XantaCaldelas
Por Redacción |
-
O XantaCaldelas, a comida de confraternidade entre caldeláns e emigrantes, superará o milleiro de comensais
Por Redacción |
-
Veciños e emigrantes compartirán un xantar de convivencia en Ponte Caldelas
Por Redacción |