Inflan dous mil globos en dez minutos
Por Oskar Viéitez
A Alameda de Marín acolleu este domingo unha curiosa iniciativa: o inflado de dous mil globos. Con esta proposta pretendíase lembrar unha actividade similar que tivo lugar na década dos anos 90 durante unha actuación da Compañía de teatro La Cubana de Barcelona e Xarandaina.
Naquela ocasión sopráronse mil globos, pero o reto deste domingo consistía en duplicar a cifra en menos de 30 minutos. Debido á gran cantidade de persoas que se congregaron na Alameda, en tan só 10 minutos alcanzouse este obxectivo.
O máis divertido foi cando membros da organización convidaron os asistentes a entrar na zona valada onde estaban os globos, e comezaron a picalos todos, evitando que voasen e depositando todo o plástico no contedor amarelo.
Ademais, varias casas comerciais colaboradoras do acto repartiron agasallos como toallas, pistolas de auga, pas de praia....o que converteu a actividade en toda unha festa.
Varios concelleiros uníronse á inchada de globos, e anunciaron a repetición da actividade o próximo ano, debido ao éxito obtido.
PINTOR RAMÓN LORDA VIDAL "DESIDE"
Este año el Concello de Marín de la mano del pintor Antón Sobral, decidió hacer un reconocimiento público a uno de los principales artistas de la villa, Ramón Lorda Vidal "Deside" pintor autodidacta, vanguardista, que mezcla en su obra la abstracción y el cubismo, trasladándolo a retratos, paisajes o bodegones.
El homenaje tendrá lugar este viernes 9 de agosto a las 20.30 horas en el Museo Manuel Torres.