A Feira Franca toca teito con 400 solicitudes de mesas
Por Oskar Viéitez
A concelleira de Festas, Carme da Silva, vén de anunciar que, tras revisar todas as solicitudes de instalación de mesas para a Feira Franca, hai confirmadas 400 mesas, das que 250 corresponden a particulares e 140 a hostalaría. "É unha cantidade máis elevada que o ano pasado e coa que chegamos ao tope, porque máis disto xa non podemos porque non queda espazo físico".
En canto ao número de postos, habilitaranse 33 postos de mercado de alimentación que se distribuirán entre Alameda, avenida de Montero Ríos, praza de España, rúa Pasantería e praza de Curros Enríquez; e 37 postos de mercado de artesanía que se ubicarán na avenida de Santa María.
A XX edición da Feira Franca, que se celebrá os vindeiros 6 e 7 de setembro e cuxa temática será a propia Feria Franca, recuperará elementos, espectáculos e actividades que se foron realizando durante a traxectoria desta cita.
HOMENAXE
A concelleira tamén anunciou que o vindeiro xoves se farán públicas as persoas e entidades que serán homenaxeadas con motivo da XX edición da Feira Franca, toda vez que as propostas sexan aprobadas o mércores a última hora da tarde no Consello Aberto.
Carme da Silva lembrou que esta homenaxe vai ligada ao 20 aniversario da Feira, o que lle confire a esta cita "un carácter moi especial" e que o que se pretende é "simbolizar o recoñecemento a todas as persoas e entidades implicadas para que esta cita se siga mantendo e co nivel de participación e de calidade que ten".
Relacionadas:
-
RADIO.- Festas de época, escaparates para a fantasía da costura
Por Marisa Ciordia |
-
Homenaxe a aquelas persoas que fixeron visible a Feira Franca
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O Lampán dos xudeos acolle este martes a homenaxe da Feira Franca aos seus creadores e impulsores
Por Redacción |
-
A inscripción para os obradoiros da Feira Franca abre o luns
Por Redacción |
-
Natividad Barreiro, Antonio Alfonsín, Juan Juega e a Asociación Recreativa de Xeve, homenaxeados pola Feira Franca
Por Redacción |
-
A Feira Franca prepárase para un novo 'cheo total' en xantares e ceas
Por Redacción |
-
A Feira Franca homenaxeará no seu 20 aniversario a todos os participantes na festa
Por Redacción |