Hostaleiros, indignados ante o "incivismo" dos días de 'peñas': "Hoxe Pontevedra non é Boa Vila"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
"Lembrade que hoxe hai peñas e pechamos. Hoxe Pontevedra non é Boa Vila". A mensaxe publicouno o bar Pavero do Campillo de Santa María o pasado sábado e resume á perfección o sentir de boa parte da hostalería do centro histórico de Pontevedra ante a forma na que se desenvolven os coñecidos como días de 'peñas' na cidade, nos que as rúas e prazas énchense de mozos facendo botellón. Están indignados e varios optaron por pechar a pasada fin de semana e adiantan xa que o farán de novo o próximo.
Este luns, superado a primeira fin de semana de 'peñas', reafírmanse na súa decisión. Os máis afectados son, segundo explican, os locais que dan ceas e ese día non poden nin sequera montar a terraza e os que centran o seu negocio en tomar algo á primeira hora, pois os grupos de mozos que se suman a esa festa concentran a súa celebración na tarde e primeiras horas da noite. Ben entrada a madrugada, a actividade xa é parecida á de que calquera fin de semana do verán.
Segundo explican, as súas queixas van asociadas, sobre todo, ao incivismo, pois se congregan grandes grupos de persoas facendo botellón, tiran bebida, manchan as rúas e prazas, ouriñan en cada esquina e fan que"a zona vella non se pode pisar esos días". Algunhas rúas "convértense en meadeiros" e noutras o cheiro é tan forte que "non hai forma de sacalo". Esta situación fai que moita xente opte por non acudir ao centro histórico esa fin de semana, de modo que perden clientela.
"Mexo, lixo... é intransitable", denuncia Malú Pedrosa, responsable do Pavero. Explica que o motivo principal de que pechen é o "incivismo", pero, en realidade, non abren por tres razoes: o 90% da súa clientela vaise da cidade, "non queremos problemas e sabemos que os hai" e, no seu caso, tamén porque son antitaurinos e ven unha "relación clarísima" entre a celebración da feira taurina e as 'peñas.
As persoas que se suman ás 'peñas' habitualmente non consomen nada nos locais, de modo que non lles compensa abrir para enfrontarse a ambientes desagradables e, a cambio, non ter practicamente clientes. O local La Pizca da avenida de Santa María, por exemplo, non abriu o sábado, pero si o domingo, e a facturación foi mínima. Os poucos clientes que entraban eran mozos que estaban a facer botellón e entraban para pedirlles que lles cargasen o móbil ou utilizar o cuarto de baño.
A hostalería non está en contra das 'peñas' senón da forma na que se celebran. "Entendemos que os rapaces queren gozar, entendemos que hai locais aos que lle vaia ben, pero a nós mátanos", explica Borja Durán, cociñeiro dLa Pizca.
En xeral, os locais alegan motivos de seguridade. O local Padal da Santiña, na avenida de Santa María, tampouco abriu e na súa conta de Faceboo, explicou que foi "por motivo de la avalancha de niños haciendo botellón que inunda la plaza de Santa María" o sábado e o domingo pola noite. Alegan "motivos de seguridade cara aos nosos clientes e nós mesmos" e aseguran que non comprenden "que se permita tal concentración de menores bebendo , pelexando e molestando nas rúas da cidade".
Outra das críticas vai enfocada á imaxe que dá da cidade. "Estamos indignadísimos, non só os negocios, tamén os veciños", explica a responsable dun local do centro histórico que asegura que o ano pasado fóronselle todos os hóspedes e que este ano xa non puido coller reservas. Esta fin de semana, ademais, tívose que dedicar a baldear con auga e lixivia para quitar o cheiro a meo e vómitos.
Os hostaleiros sosteñen que a responsabilidade de que haxa tantos mozos, moitos menores, con este comportamento "é dos pais", pero cren que o Concello de Pontevedra tamén ten certa responsabilidade e "algo terán que facer para arreglar isto". "Lo que tiene que hacer es una reunión con los hosteleros de la zona vieja. Ahí iban a alucinar. Seguramente el 90% de los compañeros estarían de acuerdo", suxiren.
Relacionadas:
-
Denunciados unha persoa e un vehículo e identificados tres máis por usar altofalantes e poñer música o sábado de 'peñas'
Por Natalia Puga & Diego Torrado & Mónica Patxot |
-
Reunión de traballo entre o PP e un grupo de hostaleiros para buscar unhas 'peñas' que sexan "máis civilizadas"
Por Natalia Puga |
-
Operativos especiais da Policía Local polas touradas e as peñas
Por Redacción |
-
O PP pide diálogo para "reconducir" as 'peñas': "non ofrecemos nin boa imaxe nin imaxe de seguridade"
Por Natalia Puga |
-
Carme da Silva asegura que moitos pais permiten aos seus fillos saír de peñas como premio polas boas notas
Por Oskar Viéitez |
-
Noite de peñas sen incidentes
Por Oskar Viéitez |