A Deputación mellorará 9 puntos limpos na provincia
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres un proxecto de obras para a adecuación de nove puntos limpos na provincia ao abeiro do proxecto europeo ESTRAEE, que ten por obxectivo poñer en marcha unha estratexia sostible transfronteiriza para a xestión dos residuos xerados por aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE).
Deste xeito, a institución provincial pon en marcha as actuacións necesarias para o acondicionamento destes puntos limpos, cuxo orzamento total ascende a 618.000 euros.
Entre outros puntos limpos está previsto actuar no de Meaño, onde detectáronse unha serie de irregularidades como que a solera do almacén dos residuos de aparellos electrónicos e eléctricos non se atopa impermeabilizada, ou que provoca a entrada de augas pluviais ao mesmo. Amais, a evacuación de augas residuais non é correcta e tamén hai unha presenza continuada de roubos dos residuos alí almacenados.
Por isto, para mellorar o funcionamento deste punto limpo, está prevista a demolición da solera para mellorar a drenaxe das augas pluviais, a instalación de iluminación no almacén, modificar as portas de acceso para evitar posibles roubos e proveer dun sistema de protección contra incendios e paneis indicativos.
No punto limpo da Lama, ubicado no polígono industrial de Racelo tamén son habituais os roubos e a instalación non dispón dun edificio de reutilización de residuos. Por isto, está prevista a construción no nivel superior dun edificio para a reutilización e a instalación de iluminación no almacén.
No punto limpo da Mancomunidade do Morrazo, ubicado en Bueu, detectouse que a instalación non dispón dun edificio de reutilización de residuos nin de almacén de residuos de aparellos electrónicos cuestións que serán corrixidas ademáis da instalación de iluminación e a provisión dun sistema de protección contra incendios e paneis indicativos.
No punto limpo de Vilagarcía, a solera do almacén dos RAEE non se atopa impermeabilizada, o que provoca a entrada de augas pluviais ao mesmo. Amais, a evacuación de augas residuais procedentes do almacén non evacúa cara a arqueta estanca, xa que ten unha contrapendente que o dificulta. A instalación non dispón dun almacén de reutilización e hai unha presencia continuada de roubos.
Relacionadas:
-
A Deputación entrega maquinaria para o proxecto de reciclaxe do "lixo electrónico"
Por Redacción |
-
A Deputación leva aos concellos adheridos ao ESTRAEE 'miniecopuntos informativos' onde reciclar móbiles e tablets
Por Redacción |
-
A Deputación reactiva as obras nos ecocentros de xestión de residuos para a súa estrea no verán
Por Redacción |
-
O parque empresarial de Racelo xa ten beirarrúas en todo o polígono
Por Redacción |