Este luns pechan ao tráfico as rúas Alameda e Raiña Vitoria polas Festas da Peregrina
Por Redacción
Por mor das festas da Peregrina, e como vén sendo tradicional, o luns 5 de agosto as rúas Raíña Victoria e Alameda pecharanse ao tráfico, a partir das 23:00 horas.
Coma consecuencia na rúa Echegaray restrínxese a circulación agás residentes e servizos. O acceso farase pola rúa Maestranza (fronte a fachada principal da Facultade de Belas Artes e o Ambulatorio Virxe Peregrina).
Na rúa Xeneral Martitegui invértese a dirección co fin de permitir o acceso á rúa Maestranza – Echegarai e ao aparcadoiro da Praza España.
Na rúa San Roque restrínxese o tráfico de acceso dende Corbaceiras ata a rúa Alameda, agás residentes. Dende Paseo Colon haberá dirección obrigatoria cara a Corbaceiras, agás a entrada ao aparcadoiro soterrado (acceso rúa Raíña Victoria).
Ademáis trasládase a Parada de Taxis á rúa Xeneral Martitegui. Será na marxe esquerda segundo o novo sentido de circulación, a marxe dereita será para Carga e descarga, Zona de Servizos e Reserva de estacionamento para persoas con mobilidade reducida (preto Alameda),
É habitual que os primeiros días, se produzan retencións de tráfico por mor dos cambios de circulación. A Policía Local agarda que os puntos mais conflitivos sexan, a primeira hora da mañá, o tráfico de entrada á cidade pola Ponte da Barca e San Roque. Recoméndase o acceso á cidade por Domingo Fontán.
A media mañá, entre as 10:00 e 13:00 horas, os problemas circulatorios agárdanse na avenida de Eduardo Pondal cara a Uxio Novoneira, Cobián Areal e Benito Corbal (haberá un dispostivo especial de vixilancia do tráfico con desvios puntuais).
A última hora da mañá, a partir das 13:00, o problema é a saída da cidade: Xeneral Rubin – María Victoria Moreno – Manuel del Palacio cara a Ponte das Correntes cara as praias. Recoméndase utilizar a AP-9 como alternativa para desprazarse entre norte e sur da cidade.