Conclúen a instalación das escaleiras nas praias de Areas e Montalvo
Por Redacción
Esta semana rematáronse os últimos detalles da instalación das novas escaleiras das praias de Areas e Montalvo.
O Concello de Sanxenxo destinou este ano 685.000 euros á posta a punto dos areais do municipio.
Entre as cantidades máis destacadas están os 67.000 euros que se destinaron á instalación de novas pasarelas de madeira, e cerramentos, especialmente nas praias con dunas. 14.200 euros custou a dotación de lava pés en todos os areais. 130.000 euros foi o custo da compra de 6 módulos mixtos de salvamento e aseos que se instalaron nas praias da Lanzada, Bascuas, Paxariñas, Canelas, Caneliñas e Silgar.
O balizamento ten un custo de 76.230 euros e o persoal de reforzo para a limpeza de praias fórmano 20 persoas e ten un custo de 42.800 euros. Contratáronse un total de 70 persoas entre socorristas e sanitarios cun custo de 301.000 euros.