O pleno reclámalle á Xunta que non suprima unidades de Educación infantil no colexio de Barro
Por Redacción
Os tres grupos con representación no pleno do Concello de Barro aprobou unha moción presentada polo BNG que insta á Consellería de Educación a que manteña as unidades actuais de educación infantil no colexio de Barro para o próximo curso.
Nesta moción pídese que se manteña o número de persoal docente que na actualidade atópase no CEIP de Barro. Como argumento, o Concello de Barro indica que o centro escolar leva un numero de matrículas moi estable nos últimos anos. Consideran un erro a decisión anunciada pola Xunta de suprimir as tres unidades de Educación Infantil.
O alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes, espera que a Consellería de Educación rectifique antes do inicio do curso escolar e engadiu que tamén se suma á preocupación das familias afectadas.