Cuntis activa unha consulta cidadá para redactar o seu plan de mobilidade
Por Redacción
Os veciños e veciñas de Cuntis poderán facer as súas suxestións e propostas para o deseño do futuro plan de mobilidade sustentable do municipio.
A partir de este 1 de agosto, a través da web do Concello, calquera persoa residente neste termo municipal terá a opción de participar nunha consulta dixital orientada a coñecer tanto as demandas e propostas como aos hábitos de mobilidade.
O cuestionario, que será de carácter anónimo, poderá cubrirse ata o venres 15 de setembro.
Dita consulta súmase ás mesas de participación cidadá, nas que os diferentes colectivos e a veciñanza interesada poderán participar ao longo do mes de setembro en horarios de mañá e tarde en dependencias municipais.
Ademais, poderán enviarse suxestións ao correo cuntis@plandemobilidade.com.
Mentres tanto, nestas primeiras semanas de tramitación a empresa redactora está a realizar un primeiro análise da situación do concello en termos de mobilidade e calidade dos espazos públicos ademais de realizar varias enquisas presenciais.
Relacionadas:
-
Cuntis convoca á veciñanza a participar nos obradoiros do Plan de Mobilidade Sustentable
Por Redacción |
-
O Concello de Cuntis nega irregularidades no pago de facturas
Por Redacción |
-
O PP de Cuntis critica os procedementos de contratación e os reparos de intervención do goberno local
Por Redacción |