Impacta contra unha panadería tras chocar cun coche e levar por diante parte da terraza
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Unha muller resultou ferida leve e tivo que ser trasladada ao Hospital Quirón Salud Miguel Domínguez de Pontevedra tras verse implicada nun aparatoso accidente. Circulaba nunha furgoneta que, nese momento, estaba parada e un segundo vehículo, tras saltar un Ceda o Paso, chocou contra ela provocando que invadida a beirarrúa, levara por diante varias mesas dunha terraza e acabara impactando contra o cristal dunha panadería.
Os feitos ocorreron este martes sobre as 13.00 horas na intersección entre as rúas Cobián Areal e Uxío Novoneyra. No accidente inicial víronse implicados unha furgoneta conducida pola muller que resultou ferida e un turismo no que non houbo que lamentar danos persoais.
Segundo a información facilitada pola Policía Local, a condutora da furgoneta resultou ferida leve e non houbo que lamentar máis danos persoais, aínda que si danos materiais. Así, ademais dos danos nos dous vehículos implicados, deixou desfeitas na terraza da panadería Acuña e no cristal da fachada.
O incidente produciuse nun momento no que, segundo a encargada do local, Sonia González Pazos, xusto había tan só unha moza nunha das mesas da terraza afectadas. "Estaba sentada. Había pedido la comanda, se le iba a servir", explica. Ao ver achegarse o vehículo, levantouse rapidamente.
A aparatosidade do sinistro chamou a atención dun numeroso número de persoas, que rodearon o lugar do accidente para esculcar sobre o que sucedera. Na terraza había tres mesas e dúas cadeiras rotas e chamaron a atención, así como o importante impacto na cristaleira.
A Policía Local está a elaborar un atestado sobre o ocorrido e, nun primeiro momento, acordoou a zona afectada. Pouco despois, retirouse o precinto, pero desde o local trataron de suxeitar os cristais astillados e as cadeiras afectadas cunha cinta adhesiva.
A encargada do local e outras testemuñas relataron que a furgoneta estaba parada no principio da rúa Cobián Areal cando un turismo Mercedes que chegaba por Joaquín Costa saltouse un Ceda o Paso, e golpeoulle nun lateral da parte traseira. "Le pegó justo en el culo y la furgoneta hizo un volante. Al pegarle, se metió (na beirarrúa)", relatou.
"Creo que ella no tuvo capacidad de reacción para frenar", engadiu, de modo que acabou invadindo a terraza. A única moza que estaba sentada na terraza e logrou saltar foi tamén a primeira persoa que acudiu a ver como estaba a condutora da furgoneta. A muller ferida "estaba en estado de shock" e foi trasladada en ambulancia, aparentemente tamén con lesións nas cervicais.