Un despiste provoca un accidente entre tres vehículos na N-640 en Cuntis
Por Redacción
Un accidente con tres vehículos implicados rexistrábase na tarde deste luns 29 en Porto de Gómez, na N-640 ao seu paso polo municipio de Cuntis.
Segundo información de Protección Civil de Cuntis, o accidente orixinábase cando a condutora dun dos vehículos freou na vía para acceder á súa vivenda marcando co intermitente o xiro. Con todo, o condutor do turismo que lle seguía despistouse e terminou golpeando por detrás o coche da moza, que debido ao impacto invadiu o carril contrario chocando contra un terceiro turismo que procedía da Estrada en dirección a Cuntis.
A condutora queixábase de dor nas cervicais e unha ambulancia do 061 trasladábaa ao momento de Atención Continuada de Caldas de Reis para unha exploración médica.
Integrantes de Protección Civil de Cuntis atenderon ás persoas que se viron implicadas no accidente. Tamén acudíu a Garda Civil de Tráfico.