Unha condutora resulta ferida tras envorcar o seu vehículo ao saírse da vía
Por Diego Torrado & Redacción
Unha moza condutora protagonizaba un espectacular accidente de tráfico na tarde deste sábado 27 de xullo. A moza circulaba pola estrada PO-532 cando, por causas que están por investigar, perdía o control do vehículo e atravesaba toda a calzada.
O turismo impactaba contra outro coche que se atopaba aparcado na zona e que se atopaba desocupado. O vehículo que conducía a moza envorcou tras o choque, segundo testemuñas presenciais.
A condutora sufría feridas de cristais e diferentes contusións tras o brutal impacto. Foi trasladada por unha ambulancia do 061 ata o Hospital Montecelo para unha exploración médica.
Ata o lugar desprazábase unha unidade da Policía Local de Pontevedra, ademais dos Bombeiros do Parque Municipal que retiraron as baterías e elementos inflamables do turismo e tamén a Garda Civil de Tráfico. Segundo diversas fontes, a moza que viaxaba soa sacou recentemente o permiso de conducir.
Relacionadas:
-
Rescatan a ocupante dun turismo que se precipitou por un terraplén de 3 metros de altura
Por Redacción |
-
Un accidente volve provocar retencións de tráfico na AP-9 ao seu paso por Poio
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Unha muller resulta ferida de consideración ao caer xunto á fervenza de Segade
Por Redacción |