Cultura e música para celebrar o Día de Galicia
Por Cristina Saiz & Redacción
Numerosos deputados acompañaron durante o mediodía deste 24 de xullo á presidenta da Deputación provincial, Carmela Silva, no acto de celebración do Día de Galicia que se celebraba nos xardíns que rodean á institución.
A Banda de Gaitas de Forcarei e a de Música de Silleda foron as encargadas de interpretar varias pezas para finalizar co Himno Galego. Estas dúas agrupacións viaxarán entre o 2 e o 11 de agosto ao Festival Intercéltico de Lorient, en Francia, ao que acudirá a presidenta provincial, que quere mostrar o seu apoio a estas organizacións que con "poucos recursos pero con moito esforzo e compromiso" convertéronse na alma do pobo galego.
Carmela Silva precisamente fixo referencia no seu discurso á importancia da música como elemento identificador de Galicia. E tivo palabras de recordo cara á figura de Avelino Cachafeiro, un instrumentista de Soutelo, considerado o mellor gaiteiro de Galicia.
A presidenta manifestou que Galicia ten moito futuro e sinalou que a cultura é un dos eixos fundamentais dese futuro.