Educación estuda incrementar os cartos para os comedores escolares
Por Redacción
Aumentar os 210.000 euros anuais que o Concello destina ao convenio coa Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Fanpa Pontevedra) para financiar os comedores escolares e o Plan Madruga. É o que se comprometeu a estudar o concelleiro de Educación, Tino Fernández, ante os representantes deste colectivo.
No encontro participaron, xunto con Fernández e dúas técnicas municipais, o presidente e o vicepresidente da Fanpa, Rogelio Carballo e Ángel Sánchez.
O edil socialista recorda que este convenio é un acordo de colaboración "esencial" para a comunidade educativa. O último convenio que se asinou data do ano 2014, polo que xa se esgotaron os catro anos de prórroga que concede a lexislación sen que se producise ningún tipo de modificación no mesmo.
De cara ao futuro, este encontro marca o inicio das negociacións para renovar esta colaboración.
O convenio incluiría tanto a porcentaxe que aporta a Concellería de Educación para o funcionamento e xestión de comedores escolares en 18 centros educativos de Pontevedra, como a subvención de actividades organizadas e desenvolvidas pola Fanpa.
O concelleiro de Educación subliñou que as conversas terán continuidade durante as vindeiras semanas coa finalidade de "achegar e equilibrar posturas" e de pechar un "bo convenio" para o conxunto da comunidade educativa.
Relacionadas:
-
Máis prazas nos comedores escolares para o próximo curso
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra e a Fanpa entregan premios culturais
Por Redacción |
-
Solucionada a situación dos nenos que quedaron sen axuda para os comedores escolares
Por Redacción |
-
"O único que pido é o comedor para os nenos. A comida non lles falta, pero, cos meus ingresos, equilibrada non é posible"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |