Sanxenxo é "más seguro" que hai un ano, pero o Subdelegado alerta dun "ligero repunte" criminal na provincia
Por Alejandro Espiño
Sanxenxo é un municipio máis seguro que hai un ano. Así se desprende dos datos de criminalidade analizados este martes na Xunta Local de Seguridade. Segundo desvelou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, en 2012 os delitos descenderon un 9,57% con respecto ao ano anterior, mentres que as faltas caeron nun 28,25%. Son datos, di, "razonablemente buenos".
Antonio Coello destacou que tamén é boa a taxa de delitos esclarecidos entre xaneiro e maio deste ano, en comparación co mesmo período de 2012. Ascendeu nun 5,36%, mentres que o esclarecemento de faltas aumentou nun 16,67%. O subdelegado vencellou eses datos á cooperación que existe actualmente entre a Policía Local e a Garda Civil, e a importancia das reunións das mesas de coordinación.
"La relevancia es, sobre todo, mayor debido a la cantidad de turistas que llegan cada verano a Sanxenxo", recordou Coello, quen destacou que gran parte do éxito policial neste municipio débese a un gran esforzo de planificación "que no deja nada al azar". Neste sentido, asegurou que de cara aos meses estivais, estudarase reforzar o dispositivo policial en Sanxenxo en función dos eventos que se vaian celebrando.
En todo caso, Antonio Coello fixo un chamamento para que as forzas e corpos de seguridade do Estado non baixen a garda, xa que nos primeiros tres meses de 2013, detectouse un "ligero repunte" de delitos e faltas na provincia de Pontevedra dun 1,6%, polo que instou ás administracións a traballar de forma conxunta e coordinada para intentar frear este aumento.
Ademais do subdelegado do Goberno en Pontevedra, a Xunta Local de Seguridade contou coa presenza da xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, representantes da Garda Civil, Policía Autonómica e Policía Local e da alcaldesa, Catalina González, quen celebrou a coordinación policial "ya que cuanto menos quede al azar, mejor, porque hay que anticiparse a los problemas".
Desde a óptica municipal, Catalina González quixo destacar o esforzo que se está realizando para controlar a venda de alcohol a menores. "Seguimos incidiendo en su vigilancia", explicou, a través do Plan de prevención municipal, co que "intentamos convencer a los jóvenes de lo perjudicial que es el consumo excesivo y concienciar a los locales y hosteleros que venderles alcohol es un delito".