Ferido grave un motorista en Cuntis nun sábado accidentado tamén en Caldas e Sanxenxo
Por Redacción
A deste sábado foi unha xornada accidentada nas estradas da provincia. O sinistro máis grave, sen dúbida, produciuse en Cuntis. Un novo motorista resultou ferido grave nun coche contra un turismo rexistrado na perigosa N-640.
O accidente produciuse sobre as catro e media da tarde no quilómetro 212 desta estrada, no cruzamento que dá acceso ao núcleo de Couselo.
Ao lugar desprazáronse efectivos de Emerxencias de Cuntis, Garda Civil de Tráfico unha ambulancia do 061.
Pola súa banda, Protección Civil de Caldas atendeu un suceso na estrada PO-305, que une esta localidade con Vilagarcía de Arousa.
Foi un accidente causado por un xabaril que irrompeu na calzada e foi atropelado. Os ocupantes do turismo non resultaron feridos.
O terceiro sinistro de consideración este sábado produciuse sobre a unha e media da tarde na vía rápida do Salnés, nas proximidades da praia da Lanzada.
Nel víronse afectados tres vehículos que chocaron por alcance. Dúas persoas necesitaron asistencia sanitaria pero, tras ser atendidos, comprobouse que as súas lesións non eran de gravidade.