Nenos e nenas de Pontevedra coñecen o "presente e futuro" do balonmán español
Por Redacción
Ducias de nenos e nenas de Príncipe Felipe e dos equipos infantís dos dous principais equipos de balonmán de Pontevedra, o Teucro e o Cisne, puideron coñecer este sábado aos integrantes da selección española que está a disputar estes días en Pontevedra e Vigo o Mundial júnior de balonmán.
Foi nunha recepción que a presidenta de Deputación, Carmela Silva, ofreceu ao combinado español, que chegou acompañado polo presidente da Federación Española de Balonmán, Francisco Blázquez, e polo seleccionador español, Isidoro Martínez.
Carmela Silva, que se enfundou a camiseta da selección e recibiu un balón asinado por todos os xogadores, mostrou o seu orgullo porque esta provincia estea a acoller este Mundial, ao ser unha "oportunidade" para mostrar a toda España e ao mundo a estes xogadores que "son o noso presente pero tamén o noso futuro".
Ademais, subliñou a importancia de apoiar un deporte que en Pontevedra "se escribe con letras de ouro porque amamos o balonmán".
Pola súa banda, Francisco Blázquez agradeceu o traballo "incansable" da Deputación para que este Mundial se celebrara na provincia e destacou o traballo dos centos de voluntarios que "están demostrando la importancia del balonmano en esta provincia".
A recepción rematou con intercambio de agasallos e cunha foto de familia na escalinata do Pazo Provincial.
Relacionadas:
-
Croacia e Dinamarca avanzan a oitavos de final do Mundial Júnior de balonmán como primeiras de grupo
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
España, a polo liderado de grupo no Mundial Júnior de balonmán
Por Redacción |
-
Dinamarca cae ante Islandia e dá emoción ao grupo D do Mundial júnior de balonmán
Por Sofía Lorenzo & Cristina Saiz |
-
Dinamarca afianza o seu dominio cunha plácida vitoria sobre Arxentina no Municipal de Pontevedra
Por Manu Otero |
-
España súa para bater a Serbia pero xa está en oitavos de final
Por Manu Otero |
-
Croacia arrebata o liderado do grupo C a Brasil en Pontevedra na segunda xornada do mundial de balonmán
Por Manu Otero |