A Lama estrea novo parque infantil
Por Redacción
O alcalde Jorge Canda acompañaba este venres á directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias ,e ao delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, na súa visita ao municipio da Lama para revisar as obras do novo parque infantil e as melloras acometidas no acceso á Alameda do Concello.
Estes traballos contaron cunha axuda por parte da Vicepresidencia de 36.000 euros. É unha cantidade que se suma ao investimento dun millón de euros que a Xunta realizou durante os últimos anos para mellorar a eficiencia enerxética, na praza municipal, en espazos deportivos e en viais do municipio, así como nas redes de sumidoiros.
A directora xeral sinalou que este ano o orzamento da orde de infraestruturas de uso público conta con 3 millóns de euros, un 30% máis que en 2018 para subvencionar estas obras nos concellos.