Animatrón énchese de actividades para escolares
Por Redacción
Este luns iniciábanse as múltiples actividades infantís no Parque das Palmeiras no espazo Animatrón. Entre as 18.00 e as 21.00 horas, os escolares participaron de diferentes propostas con obradoiros de maquillaxe e tatuaxes, ademais de actuacións de pallasos, equilibristas e unha proposta sorprendente para menores de cinco anos consistente na construción da súa propia cidade empregando materiais como carretas e bloques de plástico.
Ata o xoves, esta zona convertirase durante as tardes nun lugar de xogos en que non faltará música a cargo do Home Orquestra ou divertidas sesións con xogos sonoros a cargo de Rivel.
Cada día, os pequenos poderán gozar de obradoiros temáticos para coñecer a cultura dos indios ou o universo sempre coa posibilidade de empregrar monociclos, zancos e outros elementos de diversión.