Bueu invita a descubrir o seu patrimonio participando en rutas de sendeirismo
Por Redacción
O Concello de Bueu porá en marcha diversas rutas de sendeirismo para a divulgación do patrimonio natural e cultural da vila este verán. Así o salientou a concelleira de Turismo, Silvia Carballo. Desenvolveranse os sábados entre o 20 de xullo e o 31 de agosto.
Para a participación das camiñadas, cunha duración de catro horas cada unha, as persoas interesadas deberán inscribirse na oficina de Turismo, no teléfono 986 324 457 ou no correo electrónico turismo@concellodebueu.gal.
O 20 de xullo, a saída será desde a praia de Lagos ata Cabo Udra; o 27 de xullo, terá lugar a Ruta dos Pazos, con saída desde a Oficina de Turismo; o 3 de agosto, por Ermelo con saída desde a igrexa; e o 10 de agosto polo Sendeiro do Litoral con saída desde a praia de Beluso.
Pola súa banda, o 17 de agosto, será pola Ruta dos Abades I, con saída desde a igrexa de Cela; o 24 de agosto, a dos Abades II desde a igrexa de Ermelo; e o 31 de agosto, a ruta dos Muíños con saída desde a Oficina de Turismo.
Todas elas comezarán ás 9.30 horas da mañá.