27 artistas nacionais e internacionais ofrecerán concertos no Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Redacción
Do 3 ao 23 de agosto, Sanxenxo acollerá o Maestral Music Festival, unha proposta que contempla o maior conxunto de concertos do verán en Galicia. Este xoves, o alcalde de Sanxenxo Telmo Martín presentaba esta iniciativa na que participarán 27 artistas nacionais e internacionais.
Os concertos van celebrarse no Parque Empresarial de Nantes e haberá tres sesións de portas abertas. A primeira será con Party FM, o 5 de agosto, con Andy y Lucas, Bombay, Lerica e Atacados, entre outros artistas. O 10 de agosto, o roqueiro Andrés Balado ofrecerá tamén outro concerto gratuíto e, por último, o 13 de agosto, Black Light Gospel Choir, un coro con grandes estrelas ofrecerán unha actuación de acceso libre. Será necesario, neste caso, obter invitacións sen coste a través da web de Ataquilla.
Pablo Alcalá, director do Festival, sinalou que a programación de pago comezará coa actuación de Aitana o sábado 3 de agosto. Ao día seguinte actuarán Hombres G coa presentación do seu novo álbum. O 6 de agosto, o humor chegará da man do actor Santi Rodríguez. O 8 de agosto actuarán Rulo y la Contrabanda; e David Rees subirá ao escenario o 9 de agosto.
O luns 12 vai celebrarse La Noche Sabinera, na que a banda de músicos que acompañaron a Joaquín Sabina durante a súa carreira, ofrecerán os seus mellores temas. O 14 de agosto chegará 1980, o concerto con artistas tan coñecidos desa década como Nacho Vega (Nacha Pop), Javier Gurruchaga (Orquesta Mondragón) Santi Santos (Los Limones) Carlos Segarra (Rebeldes) e Miguel Costas (Siniestro Total).
Alfred García (19 de agosto) e Roi Méndez (15 de agosto), dous artistas coñecidos a través de Operación Triunfo tamén actuarán en Sanxenxo. Salvador Sobral, o gañador eurovisivo ofrecerá o seu recital o 17 de agosto, mentres que a banda de tributo a Queen, God Save the Queen lembrará a Mercury o 20 de agosto. Tamén están previstas as actuacións de Luar na Lubre e Raimundo Amador no treito final do mes cando tamén están confirmadas as actuacións de Pablo López (21 agosto), Pastora Soler (22 agosto) e Vanesa Martín (23 de agosto).
Este festival tamén conta con oferta gastronómica e cun escenario B para as bandas locais. Está previsto un servizo gratuíto de traslado en autobús desde a Praza de Abastos de Portonovo e desde a rúa Rocarfort a partir das 02.00 horas da madrugada.
Relacionadas:
-
O Maestral Music Festival Sanxenxo cancela todos os seus concertos
Por Oskar Viéitez |
-
Aumentan as críticas á organización do Festival Maestral polos cambios nos concertos
Por Almu Dapena |
-
Rulo y La Contrabanda, nova confirmación do Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Salvador Sobral actuará no Maestral Music Festival de Sanxenxo o 17 de agosto
Por Alejandro Espiño |
-
Roi Méndez (OT) tamén se suma ao cartel do Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
A 'resurrección' de Hombres G, nova confirmación para o Maestral Music Festival
Por Redacción |
-
O Maestral Music Festival mira de novo a OT: Aitana actuará en Sanxenxo o 3 de agosto
Por Alejandro Espiño |
-
Alfred García tamén estará no Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
Pablo López, Vanesa Martín e Pastora Soler, á fronte dun novo festival en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |