O día que o poeta Rafael Alberti se vestiu de luces na praza de Pontevedra
Por Manu Otero
Co cartel da feira taurina recentemente saído do forno e as queixas de moitos afeccionados da cidade pola redución do festexo a só dúas corridas, a Fundación Toro de Lida sorprendeu este luns ao mundo da tauromaquia lembrando na súa conta de Twitter unha anécdota descoñecida para o común dos mortais. Hai 92 anos, o histórico poeta gaditano da Xeración do 27, Rafel Alberti, púxose o traxe de luces para poñer banderillas na praza de touros de Pontevedra.
O propio artista lembraba ante as cámaras de Canal Sur o mal grolo que pasou na area de San Roque. "Eu era un gran amigo do toureiro Ignacio Sanchez Mejía. Dicíame que como poeta ía morrer de fame, que os poetas non gañan nada. Voute nomear banderillero da miña cuadrilla e vouche pagar moi ben aínda que non poñas banderillas", lembraba Alberti.
Rafael Alberti, poeta y banderillero.
— Fundación Toro Lidia (@ftorodelidia) 8 de julio de 2019
Una de las historias menos conocidas del gran poeta de la Generación del 27 fue el día que Sánchez Mejías lo contrató como banderillero para torear en Pontevedra.
Rafael Alberti explica divertido la anécdota en este vídeo. pic.twitter.com/Mnc2cRLRp2
O matador cumpriu a súa promesa un 3 de xullo de 1927. "Afortunadamente os galegos, encantadores, non entendían moito de touros porque Ignacio deume un traxe laranxa e negro, o que se habia feito de loito pola morte do seu cuñado Joselito", relataba o poeta, que non chegou a poñer ningunha banderilla pero si levou un bo susto. "Saín, fixen o paseillo e díxome: 'méteche nese burladero'. E de fronte sae un touro como a catedral de Burgos e veu cara a min. Deulle unha cornada ao burladero pero non o rompeu afortunadamente. Estiven a ver a corrida no burladero, ante a burla de Ignacio, que me fixo pasar ese susto", rematou o matador que estivera a piques de debutar no mundo unhas semanas antes en Badaxoz.
En Pontevedra, a visita de Rafael Alberti non pasou desapercibida. O fillo do autor do libro A Historia da Praza de Touros de Pontevedra (1832-1988) da miña Axenda Taurina, Juan Parra, detalla que era habitual que Sánchez Mejías patrocinase a moitos poetas daquela xeración. Con todo e a pesar dos medos de Alberti de que o público o apupase, a maior parte dos espectadores non se decataron da visita de Alberti, quen volveu anos máis tarde de visita a Pontevedra. Daquel paseíllo só se consérva unha fotografía antiga na que, de non ser polo insólito traxe de luces do poeta, sería imposible recoñecelo, asegura Parra, que continúa a nivel persoal ampliando o arquivo taurino do seu pai.
Relacionadas:
-
A Feira Taurina da Peregrina arrinca cunha oportunidade para as promesas do toureo
Por Marisa Ciordia |
-
Mozos no despacho de billetes de San Roque: "Somos o futuro da afección de Pontevedra"
Por Marisa Ciordia |
-
Pablo Aguado, a novidade dunha feira taurina en Pontevedra que se desinfla
Por Marisa Ciordia |