O PP levará as vías sanitarias ao Pleno Municipal buscando a división do goberno local
Por Diego Espiño
A habilitación de vías sanitarias libres de lombos e que faciliten o transporte de enfermos aos hospitais da cidade volverá estar enriba da mesa do próximo pleno municipal.
Será o Partido Popular o que presentará unha moción respecto diso coa intención de dividir ao recentemente formado goberno local bipartido BNG-PSOE.
"O Partido Socialista ten unha gran oportunidade de demostrar a súa coherencia. Se era bo para os pontevedreses en outubro ou en maio, tamén o debería ser agora", argumenta Rafa Domínguez.
O portavoz do Partido Popular local refírese á moción aprobada en 2016 pleno cos votos a favor do PSOE, por aquel entón na oposición, e tamén ao programa electoral dos socialistas nas pasadas eleccións.
"Non se entendería que cambiasen de opinión só por alcanzar o poder no bipartito", incide Domínguez.
Durante a recente campaña electoral Rafa Domínguez defendeu a necesidade de retirar os lombos das vías sanitarias, e ademais a maiores apostou por revisar o resto de pasos de peóns elevados do municipio para determinar cales sería conveniente manter e cales retirar.
Relacionadas:
-
BNG e PSOE rexeitan a moción do PP para liberar de 'lombos' as vías sanitarias
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Rafa Domínguez, contra o BNG polas vías sanitarias: "Cousas que saben nenos de 7 anos, Mosquera non as sabe aínda"
Por Redacción |
-
O Concello recorda que a normativa de 'lombos' aprobouse en febreiro "e non foi alegada por ninguén"
Por Alejandro Espiño |
-
Cidadáns quere trasladar a Pontevedra a polémica do Orgullo en Madrid
Por Alejandro Espiño |
-
Rafa Domínguez arríscase na súa protesta contra o exceso de lombos
Por Redacción |
-
O PSOE propón que sexa posible chegar a Montecelo ou o Hospital Provincial sen 'lombos' nin pivotes
Por Natalia Puga |
-
A instalación de lombos nas vías sanitarias, centro do debate organizado polo PP no Café Moderno
Por Redacción |
-
Malestar no PP ante a instalación de lombos no acceso ao Hospital Montecelo
Por Redacción |