A Plataforma de Afectados de San Salvador pide máis policías en Poio tras detectar "episodios alarmantes" en horario nocturno
Por Redacción
A Plataforma de Afectados de San Salvador de Poio denuncia que no municipio detectáronse "episodios alarmantes" en horario nocturno nos últimos meses, de modo que solicita ao Concello o incremento do persoal de Policía Local para que poidan realizar quendas nocturnas.
En concreto, a Plataforma de Afectados alerta de que están a existir "episodios alarmantes" en horario nocturno en zonas como Portosanto, Boavista, Rúa Valiña ou Andurique e lembra que meses atrás houbo varios roubos e atracos no municipio tamén pola noite.
O colectivo veciñal diríxese á nova concelleira de Seguridade Cidadá de Poio, Marga Caldas, que o goberno tripartito priorice gastos e de solución a esta demanda histórica de maior dotación de persoal.
Desde a plataforma destacan que o persoal actual da Policía Local realiza un gran traballo, pero o número de efectivos "non é o suficiente", xa que debe haber un Policía por cada 1.000 habitantes e "iso en Poio non se cumpre".
"Un Concello como o noso, de máis de 17.000 habitantes, ten que contar con servizo nocturno como o resto de concellos da provincia", sostén a portavoz do colectivo, Montse Vaqueiro.