O novo local social do Burgo entrará en funcionamento "antes do final de verán"
Por Diego Espiño
O barrio do Burgo estreará o seu novo local social, situado nunha esquina do Estadio Municipal de Pasarón, "antes do final de verán", segundo avanzou o alcalde de Pontevedra.
Miguel Anxo Fernández Lores visitou este xoves as obras case finalizadas do local comunitario, acompañado do concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, e da edil Pilar Comesaña, ademais de técnicos municipais e representantes veciñais.
Trátase dun dos locais sociais de maior amplitude dos habilitados ao longo do municipio, con ao redor de 600 metros cadrados acondicionados con "materiais de calidade", asegurou Lores, nos que haberá climatización, conexión informática, proxectores, mobiliario e ata unha cociña equipada.
"Saldamos unha débeda co barrio do Burgo", sinalou o alcalde sobre unhas obras nas que se investiron preto de 600.000 euros.
O centro social, a pesar de atoparse no interior do Estadio Municipal de Pasarón, é totalmente independente ao contar cunha entrada específica.
Relacionadas:
-
O Burgo estrea o seu novo local social no Estadio Municipal de Pasarón
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O goberno local calcula que a ponte do Burgo permanecerá pechada ao paso ata outubro
Por Redacción |
-
O estadio de Pasarón adáptase para acoller o Centro Social do Burgo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Burgo terá un novo centro social dentro de oito meses
Por Alejandro Espiño |