Amigos de Galicia pide a implicación cidadá para recoller 500 litros de leite este sábado
Por Redacción
A Fundación Amigos de Galicia organiza este sábado 6 de xullo unha recollida solidaria de leite que irá destinada aos menores das familias ás que a entidade atenda en Pontevedra.
A recollida realizarase en horario de 9.30 a 14.00 horas no supermercado Gadis de avenida de Vigo. O obxectivo marcado son 500 litros e animan a toda a cidadanía pontevedresa a colaborar na campaña.
Segundo os datos achegados pola Fundación, desde comezos deste ano 2019 a entidade atenda na cidade unha media de 254 nenos ao mes en colaboración cos servizos sociais municipais, polo que se necesita moita cantidade de leite
A pesar de que o leite é un produto que habitualmente xa se entrega a estas familias, a entidade organiza esta recollida porque ten a intención de incrementar a cantidade achegada durante os próximos meses para responder unha demanda que se xera ante o peche dos comedores escolares no período estival.
Ademais, insisten na importancia do calcio no período de crecemento.
Relacionadas:
-
RADIO.- Non rompas esta cadea solidaria: regálanche música, regalas música
Por Marisa Ciordia |
-
'Imposible de Borrar', un disco 100% solidario para levar gafas a todos os nenos
Por Redacción |
-
Curro quere recadar máis de 6.300 quilos de alimentos na VII Gala Solidaria a favor de Amigos de Galicia
Por Redacción |
-
O Banco Farmacéutico de Galicia, unha iniciativa contra a pobreza farmacéutica que chega a Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
A Gala Solidaria Curro reúne 6.274 quilos de alimentos non perecedoiros
Por Redacción |