Desaparecida Pontus Veteris, chega a pasarela PONMO
Por Oskar Viéitez
A desaparición da pasarela Pontus Veteris que organizaba a Cámara de Comercio non significa que Pontevedra renunciase á súa cita coa moda. Da man do Concello de Pontevedra chega: PONMO.
Trátase dunha iniciativa da Concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, que "nace co obxectivo de promover talentos mediante a creación dun novo punto de encontro para o deseño, a venda e o contacto co público".
Está convocada para os días 26, 27 e 28 de setembro no Recinto Feiral. A presentación oficial terá lugar o vindeiro día 26 de xuño, ás 20:00 horas na terraza do Centro Social de NovacaixaGalicia.
Ponmo busca "tomalo o pulso ás novas tendencias, posicionándose no circuíto da moda cunha estética renovada acorde co momento actual".
A nova pasarela pontevedresa preséntase como "unha pantalla onde exhibir as novas propostas de deseñadores, promovendo relacións entre empresas, clientes e consumidores de moda" ao tempo que se aspira a crear sinerxías que contribúan á dinamización da actividade económica e a innovación.
No programa avanzado polo Concello figura un PONMO SHOWROOM de Deseño, con "a participación de creadores que mostrarán a súa novas propostas", complementado por exposicións e actividades na cidade.
Ademais anúnciase a chamada PONMO PASARELA, dividida en desfiles de deseñadores emerxentes participantes no Showroom de deseño e unha pasarela de deseñadores consagrados.
E tamén o Certame PONMO NOVO, unha última pasarela que "acollerá as propostas de deseñadores noveis, de entre as cales un xurado de profesionais seleccionará a mellor microcolección".
Non é todo pois no programa se anuncian actividades paralelas denominadas PONMONARÿA e PONMONOITE "relacionadas co mundo da moda e orientadas ao público en xeral e profesionais do sector que terán lugar no Recinto Feiral e varias localizacións da cidade".
Relacionadas:
-
Un apoio 'real' para PONMO: Carla Royo-Villanova, princesa de Bulgaria, participará no certame
Por Redacción |
-
As novas tendencias da moda galega, en Pontevedra: 20 deseñadores e cinco empresas estarán en PONMO
Por Alejandro Espiño |
-
PONMO busca modelos de pasarela. Apúntaste ao casting?
Por Redacción |
-
PONMO mostrará a moda de deseñadores recoñecidos e incluirá un premio aos novos valores
Por Natalia Puga |
-
Nace PONMO, unha pasarela de moda que "ni pretende ser lo que había ni pretende competir con lo que hay"
Por Alejandro Espiño |
-
Carlota Román aposta por unha pasarela de moda á marxe da Cámara de Comercio
Por Redacción |
-
Buscan fórmulas para recuperar Pontus Veteris, "una marca que no podemos perder"
Por Alejandro Espiño |