Sufocan un incendio forestal no monte Xesteiras de Cuntis
Por Redacción
Algo máis dunha hectárea de monte raso e arboledo. É a superficie que se viu afectada polo incendio forestal que se declarou este domingo no monte Xesteiras, en Cuntis.
Foron uns ciclistas, que saíran a practicar deporte, os que alertaron do incendio.
As lapas orixináronse no lugar de Magán, na parroquia de Estacas. Foi sufocado tras preto de catro horas de traballo por parte dos servizos de emerxencia.
As primeiras investigacións apuntan a que o incendio foi provocado.