O milenio de Cerponzóns refléxase no seu Corpus
Por Redacción
Cerponzóns celebrou este domingo a súa tradicional festa de Corpus, coa elaboración das coloridas alfombras florais que como todos os anos luciron en todo o seu esplendor.
Desde as cinco da mañá, os veciños de Cerponzóns puxéronse ao choio para poder finalizar as alfombras a tempo para esta celebración que, nesta parroquia pontevedresa, remóntase a hai 37 anos.
As creacións florais, ao longo dun quilómetro cadrado de extensión, centráronse en celebrar o milenario da parroquia. Nelas, ademais, utilizouse material da contorna natural de Cerponzóns.
As alfombras estiveron acabadas sobre as once da mañá, a tempo para a chegada de veciños e visitantes que todos os anos achéganse aos arredores da igrexa atraídos pola beleza das alfombras.
Un grupo folclórico percorreu desde primeira hora de mañá a parroquia de Cerponzóns coas súas alegres alboradas e, tras a misa, celebrouse unha procesión na que participaron todos os nenos e nenas que este domingo que facían a súa Primeira Comuñón.
Relacionadas:
-
O Corpus de Cerponzóns contará cunha soa alfombra floral situada diante da Igrexa
Por Redacción |
-
Un tapiz xigante cubrirá a Praza Massó para celebrar unha reducida Festa das Alfombras Florais
Por Redacción |
-
Cerponzóns 'ponse a mil' cun libro e un documental sobre a súa historia
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Telegrama do Rei Felipe VI aos veciños de Cerponzóns
Por Oskar Viéitez |