Un escuadrón de cabalería percorrerá este verán os montes de Pontevedra para previr lumes
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu este venres o Comité de Coordinación Policial Contra Incendios de cara a posta en marcha de actuacións conxuntas para previr os lumes e loitar contra a actividade delictiva incendiaria. No transcurso da xuntanza sairon á luz novidades sobre o dispositivo desde verán 2013, entre eles, que Pontevedra e Mondariz contarán con un escuadrón de cabalería cada un para percorrer os montes.
"Como novidade, ademais de en Mondariz, tamén se contará este ano na cidade do Lérez cun escuadrón de cabalería que percorrerá os montes. Cada escuadrón conta con seis cabalos, que no caso de Pontevedra estarán ubicados en Marcón", explicou Cores Tourís.
Na presente campaña participarán 100 brigadas, 3 helicópteros e 43 motobombas, aos que haberá que sumar os GES, os parques de bombeiros, as brigadas municipais e a UME, que contará con 30 efectivos. A todo o anterior hai que sumar 100 membros da Garda Civil do Seprona; 65 policías autonómicos, tres brigadas da Policía Nacional, que traballarán en tres turnos, e 21 persoas más dos equipos de investigación.
Deste conxunto de actuacións, segundo o comunicado oficial difundido pola Xunta de Galicia, o obxectivo para este ano 2013 na loita contra os incendios é manterse en valores medios e tender a medio e longo prazo a diminución tanto do número de lumes como da superficie queimada. "ÿ moi importante recordar á cidadanía que
a partir do 1 de xullo e ata o 30 de setembro está prohibido facer queimas en toda Galicia, sen excepcións", asegurou Cores Tourís.
24 IMPUTADOS NUN SEMESTRE
A coordinación entre tódalas forzas e corpos de Seguridade do Estado e da propia comunidade autónoma supuxo a imputación, neste primeiro semestre do ano, de 24 persoas en toda a provincia de Pontevedra acusadas de estar relacionadas co inicio de lumes forestais. "Estamos a falar do semestre con menor datos de incendios dende hai 25 anos en esta provincia", explicou Cores Tourís.
De feito, dende xaneiro ata o día de hoxe producíronse en Pontevedra 112 incendios, conatos ou queimas incontroladas que afectaron a 132,52 hectáreas (38,9 de arborado e 92,6 de raso). O 57,1% destes lumes rexistráronse na comarca do Deza-Tabeirós; o 25,8% no Condado e a Paradanta; o 11,2% no Baixo Miño e o 6% no Salnés. "E a todo o anterior temos que sumar o dato de que durante estes seis meses solicitáronse 150.000 permisos de queima na provincia de Pontevedra", engadiu o delegado territorial.