A singular procesión do Sagrado Corazón volve saír en Ponte Caldelas
Por Redacción
Ponte Caldelas celebrou este venres a tradicional procesión do Sagrado Corazón de Jesús, unha das máis singulares do municipio e de toda a contorna.
A comitiva saíu da igrexa de Santa Baia pasadas as 20.30 horas para subir o Vía Crucis, de algo máis de 500 metros, cunha empinada costa ata a capela do Sagrado Corazón, situada no alto do monte do Casteliño.
Durante o percorrido os fieis foron pasando polas catorce cruces ou estacións que forman este conxunto patrimonial construído en 1880 por Antonio Martínez, párroco de Ponte Caldelas naquela época.