Interceptan o condutor dun quad que circulaba borracho pola AP-9
Por Redacción
Un home de 65 anos, veciño de Vilagarcía de Arousa, foi interceptado pola Garda Civil de Tráfico por circular cun quad pola autoestrada AP-9, vía prohibida para este tipo de vehículos. Facíao ademais en avanzado estado de embriaguez.
Segundo informou a Garda Civil, tivo que ser reducido á forza e será investigado por un delito contra a seguridade do tráfico ao circular baixo a influencia de bebidas alcohólicas.
O home arroxou unha taxa de alcoholemia de 0.84 e 0.85 mg/l, triplicando o límite permitido.
Por estes feitos, terá que comparecer nun xuízo rápido ante os xulgados de Santiago de Compostela.
Ademais, foi denunciado administrativamente por circular co quad pola autoestrada e o vehículo quedou inmobilizado nunha das peaxes da AP-9.
Este delito contra a seguridade viaria conleva penas de tres a seis meses de prisión, multas de seis a doce meses e, en calquera caso, a retirada do carné de conducir por un período máximo de catro anos.