ENCE organiza unha festa este venres na praza de touros
Por Oskar Viéitez
A empresa ENCE está a organizar unha festa para este venres 28 de xuño na praza de touros de Pontevedra.
Segundo desvelou a Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Madeiras de Galicia, o motivo da celebración é "o quinto aniversario da concesión do selo de calidade Nordic Swan" á fábrica de Pontevedra.
Aínda que a empresa tamén engade unha segunda razón para esta festa porque "ademais queremos agradecerche o teu apoio no mantemento dos nosos postos de traballo".
A festa comezará á sete da tarde e haberá "música e comida galega".
O evento require invitación.