O coworking de Barro pecha a súa terceira edición con más de cincuenta empresas creadas

Por Redacción

© Deputación de Pontevedra

© Deputación de Pontevedra
Medio cento de empresas creadas en só tres anos. É a cifra que enorgullece ao goberno provincial e que fala do éxito que está a ter o viveiro de empresas do polígono industrial de Barro.
A terceira edición do coworking pechouse cunha exposición dos proxectos dos 22 emprendedores que participaron nesta edición bautizada como Demoday na que os creadores presentaron as súas iniciativas en público nunha gala dirixida pola xornalista de Antena 3 Galicia, María Cheda.
O director da Escola de Organización Industrial, Javier Benito, clausurou esta mañá o programa formativo. No seu discurso destacou a creación de cincuenta novas empresas. "Cada edición supera á anterior en calidade e número de participantes", afirmou con orgullo o disputado provincial Carlos López Font.
Nesta terceira edición do coworking impulsáronse proxectos relacionados maioritariamente co turismo. Pero tamén os houbo relacionados coa moda, a gastronomía, a fotografía, a comunicación, a psicoloxía ou a actividade física.
A Demoday tivo como obxectivo principal dar a coñecer os proxectos participantes da terceira edición deste coworking, froito da colaboración entre a EOI e a Deputación. Desta maneira, desde febreiro ata esta mañá un grupo de catorce mulleres e oito homes ocuparon un espazo no viveiro de empresas de Barro, onde recibiron acompañamento individualizado e cen horas de accións formativas específicas para garantir o éxito dos seus proxectos.
Durante a xornada tamén puideron asistir a unha coferencia a cargo de Sandra Villar, fundadora da empresa Boina Galega, que recibiu o ano pasado o premio Emprende Gaiás Sixto-Seco e participou noutro coworking en Santiago impulsado pola EOI.