Vía libre para a expropiación de 19 fincas afectadas polo novo itinerario peonil da PO-313
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acaba de dispoñer a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar o proxecto para un itinerario peonil e ciclista na estrada autonómica PO-313, entre Coirados e Pardavila, no concello de Marín.
A Xunta publica este luns no Diario Oficial de Galicia o decreto polo que se declara a utilidade pública da actuación, polo que se da vía libre ao inicio das expropiacións das 19 fincas afectadas.
Estas obras, incluídas no Plan de Sendas de Galicia na comarca do Morrazo, dispoñen dun prazo de execución de seis meses, segundo a información facilitada pola Xunta de Galicia.
A contratación das obras, que contan cun orzamento de 720.000 euros, está prevista para este mesmo verán e o levantamento de actas previas será no terceiro trimestre de 2019.
A obra permitirá executar un itinerario duns 2 quilómetros de lonxitude pola marxe esquerda da estrada de titularidade da Xunta PO-313, dende a saída de Marín e conectando coas beirarrúas existentes ata Pardavila, no punto quilométrico 3+300, unha vez pasado o enlace coa variante de Marín.
Relacionadas:
-
Arrancan as obras de creación da senda peonil e ciclista entre Coirados e Pardavila
Por Redacción |
-
Os propietarios de terreos afectados pola senda entre Coirados e Pardavila, convocados para o 27 de febreiro
Por Redacción |
-
A Xunta aproba a construción dunha senda peonil e ciclista en Marín entre Coirados e Pardavila
Por Redacción |