Un condutor esnaquiza co seu coche as alfombras do Corpus en Cuntis
Por Oskar Viéitez
Un condutor foi denunciado tras esnaquizar co seu coche as alfombras do Corpus en Cuntis.
Sucedeu este sábado cando os veciños xa terminaran de confeccionar os tapices florais na rúa Bernardo Sagasta.
Este condutor saltouse os valos que impedían o acceso ao tráfico por esta rúa pasando por encima das alfombras.
Os veciños tiveron que refacer o traballo.