As vacacións escolares empezan con escuma
Por Mónica Patxot
O Centro Comercial Urbano Zona Monumental conseguiu situar na axenda escolar a súa xa tradicional Festa fin do cole como unha cita imprescindible para marcar o inicio das vacacións escolares.
As prazas e rúas do centro histórico acolleron este venres actividades infantís de todo tipo. As máis exitosas son os inchables e a festa da escuma.
Un rocódromo con escalada de oito metros, un taller de grafiti, unha gran pista americana inchables e talleres de pinta caras estaban repartidos polas prazas de Curros Enríquez, Méndez Núñez e Valentín García Escudero e tamén na rúa Serra.
Á organización chegáronlle numerosas peticións para que celebre unha edición da festa da escuma para os adultos, e é que algúns non foron capaces de resistir á tentación e entraron de cheo na praza da Pedreira para divertirse entre unha morea de nenos.
Comenzan así as vacacións que se prolongarán ata o día 11 de setembro para o alumnado matriculado en 2º ciclo de infantil, en primaria e en educación especial, mentres que para os matriculados en ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de réxime especial o día de inicio de curso será o 16 de setembro.