Cambados asegura o Plan Madruga para o próximo curso
Por Redacción
O curso escolar aínda non está terminado pero en Cambados xa están a planificar o seguinte. O Plan Madruga estará operativo desde o primeiro día do curso 2019-2020, anunciou hoxe a Concellería de Cultura do concello do Salnés.
Este programa vai dirixido a aquelas familias que debido ás súas obrigacións laborais teñen dificultades para poder deixar aos seus fillos á hora de entrada no colexio.
O programa, chamado "Os primeiros do cole" poñerase en marcha en todos aqueles centros nos que se alcance un mínimo de dez nenos. Os proxenitores poderán deixar aos menores ás 7.45 horas e estarán atendidos por persoal do centro ata o comezo das clases. O prezo do servizo será de 4 euros mensuais.
Para inscribirse neste programa, os interesados deben cumprimentar un escrito e presentalo no rexistro do Concello entre o 24 de xuño e o 31 de xullo. Entre a documentación necesaria para presentar a solicitude, debe incluírse un certificado de empresa que acredite as necesidades de facer uso deste servizo.