A Cañota celebra os 70 anos de historia da barriada
Por Redacción
A Asociación A Cañota na memoria, en colaboración co Concello de Marín, presentou os actos que teñen previsto realizar con motivo do 70 aniversario da Barriada de Pescadores Santa María del Puerto (A Cañota) que terá lugar o próximo 29 de xuño.
Os actos comenzarán ás 20:00 horas, coa a concentración dos asistentes ante o monolito "A Cañota na memoria", onde terá lugar unha ofrenda floral en lembranza de aqueles familiares, amigos e veciños falecidos.
Ás 20:30 horas haberá un concerto a cargo da Banda de Música de Marín e a Asociación MusiMarín na praza do antigo Instituto Laboral. Neste acto está prevista a entrega de distincións aos socios de honra.
Como remate da xornada haberá unha cea baile.