Comeza a fase das expropiacións para a segunda fase da mellora da estrada na Lama entre Antas e Seixido
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia publica este martes a declaración de utilidade pública da segunda fase das obras de mellora da estrada autonómica PO-235 ao seu paso polo Concello da Lama, entre os núcleos de poboación de Antas e Seixido.
A intervención conta cun orzamento autonómico que supera os 1,5 millóns de euros. A esta cifra hai que sumar máis de 40.000 euros para o pago das 109 leiras necesarias para executar este traballo.
Coa publicación no DOG, a Xunta dá por iniciado o período para acometer as expropiacións para executar estes traballos. Está previsto que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicie a contratación no verán para que o levantamento de actas previas leve a cabo antes de finais de 2019.
Lestes traballos supoñerán a intervención en dous subtramos da vía autonómica, que suman máis de 5 quilómetros, coa ampliación da plataforma da estrada a 6,5 metros, 1,5 máis que na actualidade. Rectificaranse as curvas para mellorar a seguridade viaria.
Nas dúas fases de mellora desta estrada, a Xunta investirá máis de 2,1 millóns de euros.
Relacionadas:
-
A Xunta licita novas obras na estrada entre Antas e Seixido
Por Redacción |
-
Núñez Feijóo comprométese a redactar o proxecto da PO-235 en Seixido neste 2019
Por Redacción |
-
Luz verde ás expropiacións para executar as obras da PO-235 entre Antas e Seixido
Por Redacción |
-
1,5 millóns de euros irán destinados á segunda fase de mellora da estrada de Seixido, na Lama
Por Redacción |
-
Avanza a tramitación da segunda fase da mellora da estrada PO-235 entre Antas e Seixido
Por Redacción |