4.300 quilos de comida recolléronse esta fin de semana en Pontevedra y Marín para o Banco de Alimentos
Por Redacción
Os clientes de diversos supermercados de Pontevedra e Marín do grupo Eroski doaron 4.300 quilos de comida durante esta fin de semana dentro da campaña emprendida polo Banco de Alimentos.
Esta campaña que leva por nome Zampakilos Solidario contou coa participación de 40 persoas voluntarias que, identificadas con chalecos da ONG.
Nesta ocasión a novidade atopouse en que os clientes tiveron a opción de facer doazóns económicas a través das caixas dos establecementos, creándose unha liña de crédito para cada Banco de Alimentos. Con este sistema, a ONG pode trocar ese diñeiro por produtos ao longo do ano segundo as necesidades que xurdan.
O Banco de Alimentos repartiu máis de 255.000 quilos de comida durante o ano 2018 en Pontevedra. Na provincia, a cifra ascende a 1,8 millóns de quilos de alimentos.