Dúas horas de loita contra a "basuraleza" ao redor da Illa das Esculturas
Por Redacción
Vinte e cinco persoas en Pontevedra participaban esta fin de semana nun evento que se desenvolvía de forma simultánea en toda España co obxectivo de eliminar o lixo en espazos naturais.
Trátase do Proxecto Libera, Unidos contra a Basuraleza, unha proposta que naceu en 2017 para frear as consecuencias do lixo abandonado nos espazos naturais. Esta proposta da ONG ambiental SÉ/ BirdLife, en colaboración con Ecoembes, busca concienciar á cidadanía sobre o coidado que se debe ter para manter os ecosistemas.
En Pontevedra a acción, coordinada por Anais Rivas-Torres, desenvolvíase durante dúas horas na contorna da Illa das Esculturas. Alí, os participantes entre os que se atopaba o atleta Víctor Riobó recolleron residuos, principalmente bolsas de plástico.