Os da Caña vencen no Entroido de Verán de Ponte Caldelas
Por Redacción
O Entroido de Verán de Ponte Caldelas lograba congregar este sábado a centos de persoas nas rúas para ver o gran desfile, que tivo unha duración de dúas horas e cun alto nivel de participantes.
A comparsa de Marín Os da Caña conseguía o primeiro premio na categoría raíña, por diante de Os Solfamidas e de Os Paparrulos.
Na categoría de grupos, o primeiro premio foi a mans de La Pandilla, seguidos por As Marchosas de Arcade e Os máis Meyores, Asemente de Salcedo e Los colores de Thailandia.
En canto ás categorías individuais, A Cosiña de Lita, A casa dos Sapatos e Granjero ya no busca esposa levaron os principais premios. No apartado infantil, Jurassic Ludo lograba a vitoria; e o premio para o mellor disfraz entre o público foi para O Castiñeiro.
O alcalde Andrés Díaz, que durante a mañá era investido coa nova corporación, encargouse de entregar os premios, acompañado doutros integrantes do novo grupo de goberno, durante a celebración da verbena que se foi alongando durante toda a noite grazas á música da orquestra Ritmo Noche.