Todo preparado para la romería del Santo Cristo de Xende
Por Redacción
Membros de Protección Civil Oitavén-Tea e responsables do Concello da Lama mantiveron unha reunión de traballo para deseñar un novo dispositivo de ordenación do tráfico con motivo da celebración dos actos relativos ao Santo Cristo de Xende que terán lugar nesta parroquia esta fin de semana do 15 e 16 de xuño.
Por outra banda, operarios do Concello da Lama levaron a cabo labores de limpeza e preparación da contorna da igrexa de Xende co fin de facilitar a celebración da romaría.
Así mesmo, o Concello da Lama realizou labores de reparación dos principais tramos por onde discorrerá a procesión e o Santo Encontro das imaxes que tradicionalmente proceden das parroquias lindeiras e que transportan as imaxes relixiosas desde diversos lugares da parroquia para confluír fronte ao atrio da igrexa, nun acto de homenaxe ao Santo Cristo.
O programa festivo é o seguinte arrinca o sábado 15. Haberá misas ao longo de toda a mañá, cada hora, a partir dás nove. A misa solemne, celebrarase ás 12:00 horas, seguida de procesión. A continuación terá lugar a actuación da Banda de Música Cultural de Barro. Pola tarde oficiarase unha misa ás 18 horas.
Ás 21:30 horas repartiranse sardiñas asadas gratis e ás 22 horas comezará a verbena amenizada polo Trío Area e o Dúo La Ola.
O domingo 16, ás 09:00 horas comezarán as misas, que se repetirán cada hora. Ás 11:00 horas levará a cabo o Santo Encontro de todos os santos das parroquias veciñas. A misa oficiarase ás doce e a continuación terá lugar a procesión acompañada pola Banda de Música Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, a cal ofrecerá un concerto rematados os actos litúrxicos.
Pola tarde, ás 18:00 horas, oficiarase a misa solemne e, a continuación, sairá en procesión o Santo Cristo acompañado pola Banda de Música Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia percorrendo o centro do pobo.
Finalmente o domingo 23 de xuño, ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne de Corpus, seguida dá procesión.