A xuíza Sánchez releva ao xuíz Sánchez no Xulgado de Menores
Por Redacción
O BOE anuncia este xoves que Ana Belén Sánchez González, Maxistrada, que serve o Xulgado de Primera Instancia número 5 de Pontevedra, pasará a desempeñar a praza no Xulgado de Menores número 1 de Pontevedra.
Ana Belén Sánchez González é licenciada en Dereito pola Universidade de León.
Foi a segunda máis nova en aprobar a oposición de 1998 á xudicatura e tras exercer en Ribeira e Lugo (onde tamén foi profesora de Práctica Xurídica) serviu no Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra ata decembro do ano 2008 que pasou a desempeñar a praza no Xulgado de familia de Pontevedra, de nova creación.
Ana Belén Sánchez pasará a ocupar a praza que deixou vacante trala súa xubilación o maxistrado Francisco Sánchez Reboredo que estivo os 14 últimos á fronte do xulgado de Menores da provincia.